O tripartito aprobará os orzamentos en comisión de goberno

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/31/pleno_orzamentos_sanxenxo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/31/pleno_orzamentos_sanxenxo.mp4{/flowplayer}

 

SANXENXO> Sanxenxo terá orzamentos municipais a partires deste venres. Despois de que a oposición tombara o proxecto no pleno de onte, o goberno local decidiu que aprobará as contas na vindeira comisión de goberno. Explican que así evitarán que os veciños padezan as actitudes populistas, incoherentes e irresponsables da oposición.

O goberno de Sanxenxo levará adiante os orzamentos para o 2016. Este venres, darán luz verde ás contas que no pleno de onte desbotou a oposición.

Otero explicou que o 95% dos orzamentos están consignados ao gasto ordinario. O restante, permitiría dipoñer de capacidade de investimento e coberturas sociais. O voceiro do goberno asegurou que estas razóns foron as trasladadas ao edil Roberto Carlos Agís para buscar o seu apoio. Agora cren que o ex membro do goberno actuou de xeito coordinado cos populares.

O Partido Popular xa anunciara o seu voto en contra pola falta de diálogo. Pola súa banda, Agís nega calquera connivencia previa co Partido Popular. Recoñece que o goberno falou con el previamente, pero denuncia que non lle deron tempo suficiente para estudar o proxecto de orzamentos.

Unha postura que, para o ex concelleiro de Sanxenxo Pode, vai en contra da transparencia prometida polo executivo.

Pola contra, Agís denuncia que o goberno tripartito non apoiou dúas das súas mocións nas que si estaban dacordo, como a habilitación de prazas de aparcadoiro en Portonovo e a retransmisión vía streaming e a gravación dos plenos municipais. Finalmente, saíron adiante cos votos do Partido Popular.