Portas estrea carreira popular da man de Viña Almirante

PORTAS> Portas estrea proba deportiva nestes mes de xuño. A adega Viña Almirante organiza a primeira edición da Clásica do Albariño Viña Almirante, unha carreira popular de 10 quilómetros que percorrerá os enclaves máis fermosos e históricos do concello.

 

Os afeccionados ao atletismo teñen unha nova cita no calendario. A adega Viña Almirante impulsa a primeira edición da Clásica do Albariño Viña Almirante, unha carreira popular que percorre algúns dos enclaves máis fermosos de Portas.

A carreira nace con forza. A organización agarda que participen ao redor de 500 corredores das diferentes categorías dentros das escolares e das bonificadas.

O concello destacou a orixinalidade desta proba e a importancia da iniciativa, que axudará a dar a coñecer a paisaxe de Portas. Algo que tamén destacou Ezequiel Mosquera, asesor da carreira.

A proba celebrarase o vindeiro día 12 de xuño, con saída e chegada dende as instalacións da adega. O custo da inscrición é de 10 euros por participante e pode realizarse na web www.emesport.es. Os gañadores recibirán unha botella formato magnum da adega e un trofeo. Ademais, haberá premios en metálico por valor de 3.000 euros. Todos os participantes recibirán como obsequio unha botella de viño.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/31/ptac_carreira_portas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/31/ptac_carreira_portas.mp4{/flowplayer}