O Xantar dos Maiores da Pobra celebrarase en setembro

    POBRA> O xantar dos maiores da Pobra celebrarase no mes de setembro e non en maio como viña sendo habitual. O executivo decidiu aprazar a cita por mor da proximidade das eleccións estatais. Ante as dúbidas de numerosos veciños sobre a celebración ou non do xantar dos maiores da Pobra, o executivo explicou que xa está a traballar na organización desta xuntanza que este ano celebrarase en setembro. Ademais da partida municipal, ó redor de quince mil euros, numerosas empresas colaborarán coa organización deste xantar no que os asistentes pagarán un prezo público de entre 15 e 17 euros.Unha vez estea confirmada a data, o goberno informará a tódolos veciños para que poidan inscribirse.