Bo arranque da campaña do percebe por mar

    RIBEIRA> Boas impresións na apertura da campaña do percebe na zona de Couso. Os profesionais de Aguiño fixeron unha boa xornada dado o óptimo estado da mar e constataron a presenza de marisco de calidade. Tras varios meses traballando na franxa litoral entre Espiñeirido e Río Sieira, os percebeiros de Aguiño volveron ás súas concesións por mar, na zona de Couso. Na primeira xornada de traballo, as capturas foron máis que satisfactoria con percebe de gran tamaño. Observaron tamén a presenza abundante de cría o que augura boas perspectivas de futuro. Agardan agora que as cotizacións acompañen nas próximas xornadas aínda que non é unha época na que o percebe acada o prezo máis alto, dada ó incremento da presenza no mercado deste marisco procedente doutras zonas de Galicia.