POBRA> O vindeiro luns iniciaranse as obras da segunda fase de mellora da rede de abastecemento da urbanización Fraga Iribarne.
{flowplayer}barbanza/obraspobra.flv{/flowplayer}
A primeira fase desta actuación, xa rematada, foi presupostada en douscentos vinte mil euros, realizándose con cargo aos fondos do Plan Anticrise do goberno central. Esta segunda fase, a que vén de dar luz verde a Xunta de Galicia, completará as obras de mellora da rede de abastecemento e sumidoiros e rematará a actuación co asfaltado das rúas da urbanización. O prazo de execución desta actuación será de tres meses.
O alcalde pobrés tamén informou que remataron os traballos de asfaltado da estrada provincial AC 302, no tramo que vai dende o cemiterio municipal do Caramiñal ata o cruzamento co enlace coa autovía da Barbanza. Agora trabállase na colocación da sinalización vertical, o pintado do vial e a limpeza das beirarrúas e as cunetas.
Máis seguridade
Por último, Isaac Maceiras deu conta da boa marcha das obras de construción de beirarrúas que se están a realizar na parroquia do Xobre, no tramo de estrada que vai dende a ponte de San Antonio e a igrexa do Maño. Esta actuación de seguridade vial xa fora demandada en varias ocasión por veciños e grupos da oposición ao tratarse dun vial de acceso as praia moi concorrido durante a época estival.
Redacción Barbanza