O BNG reclama o rescate da concesión da gasolineira da Covecha

    POBRA> O BNG da Pobra denuncia o incumprimento das condicións da concesión por parte da gasolineira do porto da Pobra que dá servizo a turismos particulares. Lembran que Portos tan só autorizou o subministro a embarcacións e vehículos profesionais. Os nacionalistas presentaron tanto no parlamento como no pleno do concello unha serie de iniciativas relativas á gasolineira da Covecha. Alertan de que se están a incumprir as condicións da concesión establecidas por Portos de Galicia ó dar servizo a toda a cidadanía en lugar de unicamente ós usuarios do porto Cualifican de escandaloso que se teña feito un recheo en terreo público para acoller un negocio privado que non se adecúa ós usos portuarios polo que reclaman o rescate da concesión e o traslado da estación de servizo ó porto comercial, tal e como se ten solicitado dende o inicio do proxecto. Estas preguntas, trasladadas ó parlamento, foron rexistradas tamén no concello para que o goberno municipal realice as xestións oportunas ante a Xusta para garantir o cumprimento das bases do contrato.