Boiro Novo oponse a instalar os depósitos de gas no casco urbano

BOIRO> As explicacións emitidas polo goberno de Boiro en relación á instalación provisional dos depósitos de gas no Corrillo seguen sen satisfacer á oposición. Boiro Novo critica o escurantismo do executivo, ó que acusa de favorecer os intereses dunha gran empresa en lugar de preocuparse do benestar da cidadanía. Se ben son conscientes de que os riscos de fuga e accidente son menores, dende Boiro Novo entenden en que no caso de acontecer terían consecuencias moi graves. Consideran que o lóxico sería afastar este tipo de instalacións dos núcleos de poboación, en lugar de emprazalas en pleno casco urbano. Por último acusan ó executivo de falla de transparencia ante as dificultades dos veciños afectados para acceder á información. Dende Boiro Novo defenden que debería estar publicada no taboleiro de anuncios do concello así como na web municipal.