Malestar en Lousame ante os constantes cortes no subministro eléctrico

LOUSAME> O concello de Lousame trasladoulle á Xunta os graves prexuízos ocasionados polos constantes cortes do subministro eléctrico no municipio. Piden á compañía que poña fin ás avarías que están a dificultar a vida diaria dos veciños.

Non se trata dun problema novo senón que os veciños de Lousame levan anos sufrindo interrupcións no subministro eléctrico practicamente tódalas semanas.

Ante a gravidade dos prexuízos que está a ocasionar, a alcaldesa remitiu un escrito á Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria para que tome cartas no asunto. Teresa Villaverde explicou ademais que xa se lle ten requirido á empresa en numerosas ocasións para que subsane estas eivas sen que ata o momento o teña feito.

Os cortes de luz non son o único problema que rexista o municipio cun acceso deficitario a internet nalgúns núcleos de poboación e ouros ós que nintan sequera xhega o sinal de televisión.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí