O BNG da Pobra pide que se poña freo ó abandono do Conchido

    POBRA> Veciños do lugar do Conchido na Pobra do Caramiñal mostraron o seu malestar polo estado de abandono que presenta a zona. Das súas queixas fíxose eco o BNG que a través dun escrito presentado no Concello solicita diversas melloras no lugar. Atendendo as queixas formuladas polos propios veciños do Conchido, o BNG decidiu presentar un escrito no Concello reclamando unha mellora integral na zona. Son moitas as deficiencias detectadas que, ademais do seu aspecto estético, representan un serio risco para os residentes. Dende o BNG consideran que o equipo de goberno debería de actuar con urxencia, xa que a zona conta cunha importante densidade de poboación, que apenas dispón de espazos públicos para o seu esparexemento.