Desestimado o recurso contra a adxudicación da praza de director do museo Valle_Inclán

    sentenzavalle_100_270608.jpgPOBRA > O xuíz vén de desestimar o recurso interposto por un dos opositores ó concurso para a adxudicación da praza de director do museo Valle-Inclán.

    {flowplayer}barbanza/sentenzavalle.flv{/flowplayer}

    O equipo de goberno da Pobra amosábase moi satisfeito coa sentenza que lle vén dar a razón con respecto á legalidade do concurso público para a selección do director do Museo Valle-Inclán.

    A sentenza emitida polo xulgado número 1 do contencioso administrativo de Santiago de Compostela desestima o recurso presentado por César Alonso Lamas, un dos candidatos que se presentaron ó concurso. No seu recurso, denuncia supostas irregularidades no proceso para a concesión da praza, que obtivo o ata entón edil de Cultura, Antonio González Millán. O promotor do recurso denunciaba suposto trato de favor por parte do tribunal pola suposta pertenza ó mesmo partido político.

    O avogado do concello, Francisco Crusat, explicou os detalles da sentenza que desmonta un por un os argumentos esgrimidos no recurso. Este fallo vense sumar á resolución dun recurso anterior presentado tamén por César Alonso no que denunciaba a vulneración dos dereitos fundamentais que daquela xa fora desestimado polo tribunal.

    Desculpas públicas

    Ante esta resposta xudicial, dende o concello consideran que os grupos da oposición, especialmente o BNG, deberían pedir desculpas pola campaña de difamación pública á que someteron tanto ó tribunal como ó titular da praza.

    O propio afectado, Antonio González Millán, quixo tamén comparecer ante os medios de comunicación para manifestar a súa valoración da sentenza. Explicou ademais que ó igual que o outro candidato presentou este recurso, el tamén podería acudir ós tribunais para que se restaure a súa honra.

    A pesar de que a resolución non é firme, posto que cabe recurso, os argumentos utilizados na sentenza fan pensar ó concello que o proceso está pechado.

    Redacción Barbanza