Medio Rural celebrou en Ribeira o Día Mundial do Leite

    RIBEIRA> A Conselleira do Medio Rural participou esta mañá na xornada conmemorativa do Día Internacional do Leite no CEIP O Grupo de Ribeira. Esta actividade súmase á campaña promocional ‘Galega Cen por Cen’ que desenvolve a Xunta en apoio ó sector leiteiro galego. Promover o consumo de leite galego entre os máis pequenos. Este é o obxectivo da Xunta de Galicia que quixo sumarse á celebración do Día Internacional do Leite nunha xornada desenvolvida no CEIP O Grupo. Os escolares tiveron ocasión de coñecer as vantaxes dunha alimentación san a cargo do investigador Carlos Spuch Calvar quen, dun modo moi didáctivo, explicou ós cativos a importancia de incorporar lácteos na súa dieta. A xornada rematou coa actuación do mago Dani Polo que realizou diversos trucos co leite como principal protagonista.