![]()
VILAGARCÍA>Unha empresa alicantina é adxudicataria do servizo municipal de préstamo de bicicletas VaiBike. Así o anunciou aos medios o alcalde e a concelleira de Urbanismo de Vilagarcía.
A empresa “LaBici, Biciletas Públicas” é a empresa que xestionará durante os vindeiros catro anos o servizo de bicicletas municipais de Vilagarcía. O VaiBike.
A empresa alacantina resultou elixida de entre outras empresas, entre as que se atopaba algunha local. LaBici aportará un importe total de máis de 230.000 euros polo servizo.
Ademais a concesionaria aportará novidades ao servizo, e comprometeuse a contratación de dous operarios vilagarciáns.
Os prezos para os usuarios deste servizo aínda non están fixados pero oscilaran entre os 3 e os 30 euros segundo a duración do abono, pero aínda non hai data oficial para que os vilagarciáns poidan utilizar este servizo.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/02/vaibike_vilagarcia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/06xunho/02/vaibike_vilagarcia.mp4{/flowplayer}










