Os adegueiros e viticultores se aceleran ante a chegada do temporal

    SALNÉS > Os nervios comezan a estar presentes entre adegueiros e viticultores ante a chegada dun temporal que ameaza a vendima. Ata o momento o Consello regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas ten contabilizados catorce millóns de quilos cunha calidade excelente. Moitas das adegas terán que parar a súa actividade polo mal tempo polo que os técnicos recomendan axilidade para deixar as menos uvas posibles na parra durante o temporal.

    A vendima 2006 esta sorprendendo ós viticultores e adegueiros. Segundo datos do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas probablemente estaremos ante outra colleita histórica xa que se leva recollido entre un dez e un vinte por cento máis de uvas con respecto a  anos anteriores.As previsións para finais de semana non son as mellores neste tempo, polo que os protagonistas da vendiman comezan a estar nerviosos e unen todas as súas forzas para gañar rapidez.  Aínda que todos se apuran nestes días, os adegueiros non estan preocupados en exceso xa que o estado sanitario da uva é excelente e non cren que a auga a poida danar. Deste xeito e aínda que se atrase a vendima nun días, o ambiente que se pode vivir é de satisfacción e alegría ante unha colleita excelente para a denominación de orixe Rías Baixas.

    Redacción Salnés