![]()
VILAGARCÍA> A Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica busca en Cornazo restos dun vigués fusilado na Guerra Civil.
{flowplayer}images/salnes/exhumacion_cornazo.flv{/flowplayer}
VILAGARCÍA> Os tres fillos de Manuel Álvarez Silva permanecen á expectativa de que en calquera momento lles dean algunha noticia sobre a fosa na que foi enterrado seu pai. No cemiterio de Cornazo buscan desde onte os restos mortais deste vigués que foi axustizado en 1937, durante a Guerra Civil.
Visiblemente emocionados, os seus tres fillos, contáronnos polo sufrimento que tiveron que pasar tantos homes como Manuel. Nacido en Vigo, Manuel Álvarez era albanel e pertencía ó Partido Comunista. Antes de alistarse preferiu fuxir e refuxiarse en Cornazo, onde foi encontrado e levado ó monte Lobeira para ser axustizado. Deste xeito, deixaba atrás a unha muller con tres fillos, onde o maior contaba con tan só cinco anos.
A pesares do medo e do risco que supuña, a súa muller, Rosa Taibo Varela, levou nalgunha ocasión ós seus fillos ata o lugar onde fora enterrado. Isto foi o que fixo que se tivese unha idea de onde podía estar enterrado e, a través da Universidade de Santiago de Compostela, se comezase coa búsquea. Así dende onte, seis expertos da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica traballan na procura dalgún rastro de Manuel.
O traballo é moi duro, xa que transcorreron dende entón 72 anos, pero os seus fillos albergan a esperanza de poder encontrar algún rastro. A cantidade de datos dos que dispoñen sobre Manuel Álvarez, é o que vai permitir a rápida identificación do mesmo en canto se encontre algo.
Redacción Salnés










