![]()
VILAGARCÍA> O servizo trasladou ós arredores da escola municipal unha ambulancia e un hospital de campaña para que os cativos coñecesen os equipamentos.
{flowplayer}images/salnes/GARDERIA_VILAGARCIA_PROTECCION_CIVIL.flv{/flowplayer}
A serea da ambulancia de Protección Civil soou durante gran parte da mañá nos arredores da escola infantil municipal de Vilagarcía, pero por motivos moi diferentes ós que normalmente fan que sexa preciso prendela.
Un hospital de campaña e unha ambulancia foron os equipamentos que se desprazaron ata a escola, onde un equipo de voluntarios de Protección Civil transformaron en xogo a explicación das súas tarefas.
Pero, a pesares do éxito de participación en todas as actividades, parece que case todos os cativos tiñan claro a súa preferida.
Seguindo nesta liña, o vindeiro luns serán os bombeiros os que despreguen os seus camións ás portas da escola infantil. Unha xornada máis na que os cativos seguirán aprendendo xogando.
Redacción Salnés









