O centro de saúde da Pobra non contará con pediatra durante o mes de xullo

    POBRA> Os cativos da Pobra de Caramiñal, durante este mes de xullo, non contarán con servizo de pediatría no seu Centro de Saúde. O BNG do concello pedíu que se cubran no verán as ausencias do actual e único pediatra do centro. É unha demanda na que insisten os nacionalistas pobrenses cada vez que chegan estas datas, e que aínda non tivo resposta. Agora, o BNG anuncia que presentará unha moción relativa á asistencia pediátrica no centro de saúde, no vindeiro pleno deste mes de xullo. Ouviña suliñou que, aínda máis nestas datas, é necesaria esta asistencia, e que as familias non teñan que desprazarse a outro concello cos cativos. O voceiro do BNG pobrense reclama tamén que o concello inste á Xunta a dotar ao Centro de Saúde da Pobra dunha nova praza de Pediatría que reforce o servizo todo o ano en horario de tarde, posto que o pediatra só presta consulta 4 horas pola mañá.