BOIRO>Este sábado a partir das nove da mañá disputarase na praia de Carragueiros unha nova edición, e xa van sete, da Travesía a Nado Illa da Bensa organizada polo Club Natación de Boiro. A proba está incluída tamén no Circuíto Galego de Augas Abertas.
Pechadas xa as inscricións, na proba participarán uns 170 nadadores que competirán en tres categorías, con distancias acordes a cada unha das idades.
Para poder desenvolver esta proba, o Club conta co patrocinio de varias empresas, entre elas o grupo Jealsa, de onde destacaron a importancia dos valores que o deporte aporta nas distintas etapas da vida.
Tamén colabora na súa organización o Concello.
O edil de Deportes Marcos Fajardo, aproveitou o acto para facer tamén un recoñecemento os éxitos do Club nestes últimos anos, poñéndoo coma exemplo do bo facer en materia deportiva.