Noia acolle este sábado unha carreira solidaria en favor da Cruz Vermella

    NOIA> A solidariedade deixará centos de pegadas polas rúas do concello de Noia este sábado. Serán as dos participantes na Carreira Benéfica que organiza o municipio coa colaboración do Banco Santander e a Cruz Vermella. “un, dous, tres…a correr”, é o slogan co que o concello de Noia, o Banco Santander e Cruz Vermella, animan a participar aos veciños da comarca na Carreira Solidaria que se celebrará no concello noiés este sábado día 9. Serán 7 quilómetros de circuito polas rúas da vila, e os gañadores recibirán as súas medallas de ouro, prata e bronce. Iso sí, o mellor trofeo que levarán é a meta da causa. Haberá dúas modalidades, unha de adultos, para maiores de 16, que pagarán 5 euros; e outra infantil, na que se pagará 1 euro, e terá un percorrido máis curto. A carreira solidaria pon o seu foco nos pequenos da casa.