A Pobra investiu máis de 60 mil euros na posta a punto dos centros educativos

A POBRA> O concello da Pobra acometeu ó longo de verán unha serie de actuacións de mellora nos centros educativos do municipio. O investimento superou os 60 mil euros que se veñen sumar ás tarefas de mantemento e posta a punto en tódolos colexios.

A Pobra iniciará mañá o curso escolar con instalacións en óptimas condicións. Así o deu a coñecer a concelleira de Educación, Amparo Cerecedo, quen indicou que o investimento nestas obras superou os sesenta mil euros.

O coordinador da brigada dos colexios debullou as obras acometidas nestes meses. entre as máis destcadas, a renovación da instalación eléctricas nos colexios Fernández Varela e na escola unitaria da Angustia, o cambio da tarima no Vilariño así como actuacións de pintado e acondicionamento de zonas verdes en tódolos centros.

Estas actuacións, que se suman ós labores ordinarios de mantemento, ratifican a aposta do executivo por un ensino público de calidade. Mostra dilo é o incremento das axudas á escolarización ou a posta en marcha do programa Espazos nas Escolas que proprociona atención psicolóxica á comunidade educativa.