Reclaman melloras no CEIP Praia Xardín

    BOIRO> A comunidade educativa do CEIP Praia Xardín volve a carga solicitando o arranxo de numerosas deficiencias que presenta o centro.

    A actual dirección do colexio, xunto coa propia ANPA, leva tres anos solicitándolle ó concello unha serie de melloras no centro educativo que veña a paliar as numerosas deficiencias que presentan as instalacións, con preto de 40 anos de antiguidade. Na maioría dos casos trátase de pequenos arranxos que non suporían un alto custe para as arcas municipais, pero que constitúen, moitas delas, un perigo importante para a seguridade dos máis de trescentos nenos de infantil e primaria que cursan estudos neste centro. Estamos a falar de azulexos desprendidos das paredes, arquetas sen reixas, vallas metálicas e peches rompidos, zonas inseguras no patio ou mesmo deficiencias nos baños, entre outras. Tamén botan en falla espazos de xogo. Os rapaces teñen unicamente unha canastra para xogar e as dúas porterías que había foron retiradas polo seu pésimo estado. A pesar de terllo demandado en varias ocasións, a través de escritos ou entrevistas, seguen a ter a calada por resposta por parte do concello, administración que debera asumir estes gastos de mantemento. Temen pola seguridade dos nenos e que algún día poida ocorrer un accidente A resposta do concello non tardou en chegar. O alcalde, Xoán Xosé Dieste, pediu desculpas á comunidade educativa deste centro por non poder acometer estas obras coa celeridade precisa. Aínda así sinalou que as deficiencias denunciadas levan máis de tres anos. Tamén aludiu ás importantes actuacións realizadas nestes últimos dous anos no colexio, entre as que se atopan a reparación da cuberta e o acondicionamento da casa do conserxe, hoxe biblioteca. Redacción Barbanza {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/o8/denunciasmellorasceippraiaxardin081013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/08/denunciasmellorasceippraiaxardin081013.mp4{/flowplayer}