A perda de clientes e a baixada dos combustibles pon ó límite o sector das gasolineiras

RIANXO> No medio desta crise económica, as gasolineiras deben permanecer abertas para garantir o subministro. Achegámonos á estación Valcarce, en Taragoña, para coñecer de primeira man como está a afectarlles a perda de clientes e a baixada dos combustibles.

O sector das gasolineiras afronta esta crise cunha dobre dificultade. á perda de clientes súmase a baixada do prezos dos combustibles o que se traduce nunha drástica reducción dos ingresos.

Ó tratarse dun servizo esencial non poden pechar e atópanse con dificultades para acceder ás prestacións dispostas polo goberno central. Unha situación que loxicamente xera incertidume ante a imposibilidade de seguir asumindo os gastos por moito máis tempo.

Ás dificultades económicas hai que engadir os riscos de contaxio posto que a maior parte do persoal traballa cara o público. Tentan extremar as medidas de hixiene e protección pero o medo sempre está aí.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí