Inauguración Centro de Emprendemento Vilagarcía

    VILAGARCÍA> O conselleiro de Economía e a conselleira de Mar foron os encargados de inaugurar esta mañá o centro de emprendemento de Vilagarcía. Un proxecto que estará centrado na economía marítimo- portuaria e no que xa hai máis de 8 mozos interesados.

    Pese a insistencia do goberno de Vilagarcía que de que o edifico da antigua comandancia fose adicado ao novo centro de saúde da zona, a autoridade portuaria decidíu destinar este espazo ao novo centro de emprendemento que hoxe inauguraron o conselleiro de economía e a conselleira de mar. Alfredo Conde quixo destacar o enorme valor económico que este proxecto ten para  a zona.

    Un espazo centrado na economía marítimo-portuaria e que se convirte, segundo a presente da Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra, no primeiro centro galego destinado a esta materia e tamén o primeiro a nivel nacional.

    Un espazo que xa conta co interese de máis de 8 mozos e mozas galegos cuxos proxectos teñen que estar obrigatoriamente vencellados co mar.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/12/inauguracion_centro_emprendemento_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/12/inauguracion_centro_emprendemento_vilagarcia.mp4{/flowplayer}

     

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí