VILAGARCIA> Últimos retoques no Fexdega de Vilagarcía para a apertura este sábado do Fexturrón. Este ano a pista de xeo un chisco máis grande cá de edicións anteriores: deste volta chega ós 450 metros cadrados. Tamén vai haber un tobogán de xeo natural e moitas outras atraccións, que se complementan con obradoiros gratuítos para toda a familia.
Os operarios danlle ós últimos retoques ó Fexdega para o Fexturrón deste ano. Vai abri-las súas portas este sábado cun completo programa de actividades de lecer pensadas para toda a familia.
Pero a pista de xeo de 450 metros cadrados e o tobogán de xeonon son só os únicos reclamos. Hai tamén un dragón mecánico, hinchables ou un teatro virtual. Todo iso compleméntase con obradoiros e talleres de balde.
Este ano, ademais, gana peso a decoración, para que o espírito do Nadal invada por completo o Fexdega.
O Fexturrón abrirá as súas portas este sábado á tarde. A entrada xeral para as atraccións custa 7 euros, pero o acceso ó recinto é de balde.