Devoción e lecer únense no San Benito do Freixo

    OUTES> Trátase da festividade máis importante da parroquia do Freixo, que un ano máis congregou a centos de fieis ás portas da igrexa parroquial. As celebración comezaron nesta parroquia de Outes onte mesmo, coa festa do San Benito Pequeniño, e actividades para os máis pequenos da casa. Sen embargo o día grande chegaba hoxe, con alboradas dende primeira hora e misas desde as 8 e media da mañá na Igrexia Parroquial. Ás doce e media comezaba o momento máis agardado polos fregreses. Xa sabemos, que a tradición manda… Como se adoita dicir nestes casos, é cuestión de fe. E para os que, ademáis de crer, tamén son de bailar, esta noite, a partir das 11, continúa a festa coa música dunha discoteca móvil e haberá verbena da man da orquestra Caramelo.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí