Mar presenta a súa reordenación do Porto do Xufre

    A ILLA> Xa está rematado o proxecto de reordenación do Porto do Xufre. A Consellería do Mar presentou esta mañá as actuacións que se realizarán na Illa de Arousa, coa construción de varios pantaláns que darán servizo a máis de 400 embarcacións pesqueiras e mexilloeiras. Para levalo adiante, contarán cun orzamento de preto de 5,5 millóns de euros.

    A Consellería do Mar xa ten listo o proxecto para a construción de pantaláns pesqueiros e mexilloeiros no Porto do Xufre. Rosa Quintana presentou esta mañá as actuacións na Illa.

    O proxecto para o pantalán de terceira lista, que beneficiará a 308 embarcacións pesqueiras, xa conta coa aprobación dos técnicos de Portos de Galicia. A licitación publicarase no DOG nas vindeiras semanas cun orzamento de preto de 800 mil euros, polo que poderían estar contratadas a principios do vindeiro ano. De maior envergadura é o proxecto para os pantaláns de embarcacións mexilloeiras, que darían servizo a 126 embarcacións.

    Dende a confraría celebraron a boa nova, que permitirá reordenar o Porto do Xufre.

    Con estas actuacións a conselleira da por cuberta a demanda actual de prazas e reserva prazas dispoñibles para cubrir as necesidades futuras.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/12/visita_quintana_illa.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/07xullo/12/visita_quintana_illa.mp4{/flowplayer}