Arousa Norte desfrutará dos ‘vermús musicais’ tódolos domingos de agosto

    BARBANZA> Arousa Norte súmase á moda dos vermús musicais. A actividade desenvolverase durante os domingos de agosto nos catro concellos que integran a Mancomunidade. Catro concellos. Oito grupos musicais e catro domingos. Esta será a combinación dos vermús musicais presentados esta mañá na Pobra. A actividade, que está organizada pola Pousada das Ánimas e a Mancomunidade de Municipios Arousa Norte, xorde ó fío doutras iniciativas semellantes que xa están a funcionar con notable éxito noutras localidades. Búscase en definitiva unha proposta diferente, amenizando con música en directo as mediodías dos municipios barbanzáns, nun ambiente relaxado e distendido, e sobre todo con ritmo. Os vermús musicais darán comezo xa este próximo domingo, con catro actuacións previstas á unha da tarde, en cada un dos concellos que integran Arousa Norte. Entre os músicos participantes ad Martin, Narf e Uxía, Nestor Pardo e Gonzalo Arca. Músico este último que para abrir boca xa nos ofreceu case en exclusiva un pequeno aperitivo do que será a súa actuación. Iso si, que o vermú non falte, da man de Nordesía.