Álvaro de Luna actuará en Noia da man da xira Los40 Stage

NOIA> A Mostra de Curtas coincidirá tamén co concerto que ofrecerá o vindeiro sábado 16 de outubro na localidade Álvaro de Luna. Será ás seis da tarde nos locais do Liceo. A actuación, totalmente de balde, inclúese na xira Los40 Stage.

Esta mañá presentábase tamén en Noia o concerto de Alvaro de Luna que terá lugar o vindeiro sábado 16 de outubro na Sociedade Liceo, ás seis da tarde. Trátase dunha proposta da concellería de Cultura, que chega da man da xira Los40 Stage.

Dende o Concello destacaron o feito de poder acoller esta actuación, dun cantante que se atopa nestes momento no máis alto do panorama musical español.

Tan só poderán asistir unhas 200 persoas, polo que se require unha inscrición previa, que poderá realizarse a través do propio correo electrónico do departamento de cultura noiés.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí