RIBEIRA> En Ribeira comezaron xa as probas de peonalización das rúas próximas ao concello para valorar o seu impacto entre os diversos sectores e colectivos. Fano coincidindo coa celebración das súas Festas do verán e os cortes circulatorios só se está a producir entre as tres da tarde e as sete da mañá. Entre os veciños hai opinións de todo tipo. Unhas señais provisionais e unha vaia advirten xa aos automovilistas ribeirense de que está prohibido o acceso ao barrio do Monumento pasando pola rúa Galicia, nin desde o Concello nin desde o malecón. Algo que se une, nestes días, a que boa parte desta arteria da cidade atópase ocupada polas atraccións das festas. Hai quen non o ve con bos ollos. Estes son algúns dos veciños que ven máis problemas de beneficios na peonalización destas rúas circundantes á praza do concello de Ribeira. Pero coma sempre, neste tipo de cuestións, tamén os hai que está a favor. E como en todo, tamén hai a quen ni lle vai nin lle vén, iso sí, de momento. A pesar do que pensa esta veciña, dende o concello aseguran estar abertos ás suxerencias dos veciños arredor das rúas a peonalizar, e insisten en que o que están a facer son unicamente probas, e nada está aínda decidido.
Inicio Barbanza - Muros - Noia








