Saen a subhasta en eBay os obxectos doados en favor de Paula

    subhastaporpaula.jpgBARBANZA> Ademais anunciaron máis actividades que se desenvolverán ó longo dos próximos meses en diferentes concellos da zona en beneficio da cativa.

    {flowplayer}barbanza/subhastaporpaula.flv{/flowplayer}

    Segundo a propia plataforma veciñal constituída para esta causa, hai xa uns cinco meses, lévanse recadados ata o de agora uns 180 mil euros, pero aínda queda moito por facer. Por esta razón nas próximas semanas intensificaranse o número de actos de cara á campaña de captación de máis fondos para Paula.

    Subhasta eBay

    Precisamente mañá martes sairán a subhasta en eBay un total de dez obxectos doados por diferentes artistas e deportistas, entre os que se atopan, unha gorra de Fernando Alonso, unha camiseta e un cd de Shakira ou a propia duquesa de Alba que entregou para a causa unha camiseta e un exemplar das súas memorias recén publicadas.

    Máis actos solidarios

    Ademais na comparecencia ante os medios tamén se deron detalle da cea-benéfica e subhasta que se está preparando para o vindeiro 31 de marzo no hotel Puerta del Camino, en Santiago, cun prezo de 40 euros por persoa, para a que xa hai moita xente confirmada.

    Redacción Barbanza