Decepción na Xunta polos Tac e Cotas Pesqueiras para 2024

BARBANZA> O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, sinalou que o resultado do Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea no que se fixaron os tac e cotas para 2024 en augas comunitarias non dá resposta a boa parte dos intereses da flota galega.

Segundo el, como xa acontecera en 2023, apenas supuxo avances fronte a proposta inicial presentada pola Comisión.

O acordo prevé incrementos nas capturas de especies de especial interese para a flota galega como é o caso da pescada en máis dun 10 %, no rape en máis dun 7,3% e no galo nun 11,4 %.

Pola contra, prodúcese un recorte do 53% do abadexo, do linguado, o merlán e a solla. Tampouco foron boas as noticias para a cigala e para a anguía e o xurel.