A nai da moza desaparecida na Pobra insiste en que non marchou por propia vontade

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/23/desaparicion_moza_pobra_230820161.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/23/desaparicion_moza_pobra_23082016.mp4{/flowplayer} POBRA> A nai da rapaza desaparecida na madrugada do luns na Pobra do Caramiñal está convencida de que a súa filla atópase en paradoiro descoñecido contra a súa vontade. Diana María Quer, madrileña de 18 anos e veraneante na Pobra coa súa familia, non regresou á súa casa o domingo á noite tras saír coas amigas á Festa do Carme dos Pincheiros. Son as palabras dunha nai desfeita e desesperada. Diana leva veraneando coa súa familia na Pobra desde hai 13 anos. Nesta casa da zona de O Xobre, preto de Cabío. Esta fin de semana estaba na vivenda coa súa filla maior Diana, de 18 anos, e coa pequena, Valeria. O pai estaba en Madrid, onde residen habitualmente. A maior das irmás saíu o domingo á noite cunhas amigas que coñecera durante este verán, mentres sacaba o carné de conducir na Pobra. Foi a última persoa que a veu. A partir dese momento, pérdese o rastro de Diana. Deste lugar á súa casa hai pouco máis dun quilómetro, un percorrido que a rapaza leva realizando durante anos. Pero esa noite, non chegou. De momento nin a nai, nin o pai, que viaxou desde de Madrid trala desaparición, explícanse que puido acontecer. Todo apunta a que se manteñen abertas tódalas liñas de investigación, posto que non hai nin unha soa pista do que puido acontecerlle á rapaza. Desde o concello da Pobra están en contacto permanente coa familia, e trala petición desta, deron orde para que policía local e protección civil comezaran tamén a participar na busca. No momento da desaparición Diana, que mide un metro setenta e cinco e ten o pelo escuro e longo, vestía un pantalón curto rosa, camiseta branca e sudadeira, e zapatillas negras. Se alguén pudiera aportar algunha información sobre Diana pode chamar á Comandancia da Garda Civil, ao 062, ou ao Cuartel da Benemérita en Boiro, ao 981 849 980.