Máis de trescentos nenos participan na Movida Urbana de Porto do Son

PORTO DO SON> Este xoves daba comezo o campamento da Movida Urbana, xa un clásico do verán en Porto do Son. Máis de trescentos nenos e vinte monitores toman parte na iniciativa que se desenvolverá de luns a xoves ata o dezaseis de agosto. O alcalde deu a benvida ós participantes e lembrou o compromiso do goberno con estas actividades que  favorecen a conciliación familiar e laboral. A acrtuación do Blanco Magín coa Banda das apertas inaugurou o completo programa de actividades que se desenvolverán ó longo de todo o verán con obradoiros de reciclaxe, rutas de sendeirismo, cine, actividades deportivas e xornadas de seguridade viaria, entre outras.