VILANOVA> As escavacións que se están levando a cabo en Vilanova de Arousa, no xacemento arqueolóxico de Cálago, están a piques de rematar aínda que non sen antes reafirmarse como un importante achado das etapas castrexa e romana respectivamente.
O xacemento de Cálago está a dar algunha que outra sorpresa a través dos seus achados. Este é o momento no que os arqueólogos responsables da escavación ensinaban aos medios un dos máis recentes e importantes, a aparición dunha pulseira de bronce, que segundo os especialistas contaría cuns 2.000 anos de antigüedade. adxunto de dirección
Unha posible vivenda castrexa, muros romanos, un concheiro ou diferentes restos de cerámica, pertencentes a diferentes épocas están a xurdir da terra de este emprazamento vilanovés.
Como dicía un ilustre vilanovés, Ramón María del Valle Inclán, ” Quen sabe do seu pasado sabe do seu porvir” e por iso haberá un achegamento dos veciños a estas escavacións, tal e como nos anunciou un dos responsables da mesma.
Non será ata o luns cando se cubran de xeito definitivo estas escavacións, nas que non se traballará ata a súa terceira fase, que chegará o ano que ven.