O centro de día da Pobra entrará en servizo o 1 de setembro

    POBRA> O novo centro de día da Pobra do Caramiñal entra en funcionamento. O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o alcalde, Xosé Lois Piñeiro, asinaron o convenio de colaboración que permitirá a súa posta en marcha. Despois de numerosos atrancos, e máis tardanza do agardado, o centro da Pobra do Caramiñal abre as súas portas. Farao este mes cunha campaña de portas abertas, para que os primeiros usuarios poidan incorporarse a partir do un de setembro. O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e o alcalde, Xosé Lois Piñeiro, asinaban o convenio de colaboración que permitirá a súa apertura. Trátase do primeiro que se asina ó abeiro do convenio marco subscrito o pasado mes de maio entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias. O conselleiro de Política Social fixo fincapé na súa intervención na importancia da colaboración entre institucións para impulsar a atención ás persoas e ás familias que máis precisan da axuda das administracións, como é caso das persoas maiores e dependentes. As instalacións terán unha capacidade máxima de 40 prazas, aínda que inicialmente comezará a funcionar con só 20 usuarios. Estará xestionado por Cogami e o concello pobrense deberá realizar unha achega de 2.500 euros ó ano por cada unha das prazas ocupadas.