O Refuxio de Cambados denuncia un novo caso de maltrato

    CAMBADOS> Novo caso de maltrato animal. O Refuxio de Cambados rescatou onte un can en severo estado de desnutrición. Vali, que foi bautizado así pola protectora, foi atopado por un veciño na súa finca do concello de Meis. Agora pelexa pola súa vida dende o refuxio de Corvillón.

     

    Vali pelexa pola súa vida dende o Refuxio de Cambados. Este can foi rescatado onte dunha finca de Meis, onde apareceu nun avanzado estado de desnutrición e deshidratación.

    Xa nas instalacións de Corvillón recibiu as primeiras atencións; unha intervención que foi clave para salvarlle a vida. Pero polo de momento, os seus coidadores non queren ser optimistas.

    Ademais de axudar a Vali, a outra prioridade do Refuxio é atopar á persoa que deixou que chegara a esta situación. Xa contan coa colaboración do Seprona de Vilagarcía, pero tamén piden á da cidadanía.

    O caso de Vali é extremo, pero é só un dos que chegan con demasiada frecuencia ao Refuxio de Cambados. Son tantas as peticións que, como asegura Costa, non poden atender a todas.

    Actualmente, nas instalacións de Corvillón conviven 55 cans, 39 gatos e 4 cabalos. Todos á espera de que unha familia lles dea unha nova oportunidade.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/23/maltrato_animal_cambados_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/23/maltrato_animal_cambados.mp4{/flowplayer}