O BNG de Outes insiste na necesidade dun cambio de rumbo na política municipal

OUTES> O BNG  presentou esta fin de semana a súa candidatura e o seu programa electoral.

Amplo respaldo da veciñanza na presentación da candidatura BNG de Outes celebrada esta fin de semana na Serra. Ó redor de trescentas persoas déronse cita no acto no que se deu a coñecer boa parte do programa electoral da formación nacionalista que ten como unha das súas prioridades a fixación de poboación neste municipio rural.

Ademais da cabeza de lista, María Xosé Suárez, o acto contou coa intervención do número dous, Anxo Núñez. Ambos apelaron ó apoio da cidadanía para obter un bo resultado o próximo 26 de maio que lle permita acadar o goberno municipal.