Os Dolmen de Ouro distinguen a aposta pola innovación de cinco empresas

    DODRO> A vixésimo oitaba edición da Gala dos Premios Dolmen reuníu en Dodro a un cento de empresarios das comarcas do Barbanza e do Sar. A Federación de Empresarios do Barbanza distinguíu nesta ocasión a cinco firmas que destacan polo seu carácter familiar, pola investigación ou a internacionalización. O Pazo de Lestrove acolleu un acto ao que asistiron numerosas autoridades comarcais, provinciais e autonómicas. A Festa empresaria, organizada pola Federación de Empresarios do Barbanza, premiou este ano, na categoría de empresa familiar, a Farmacia Busto, de Noia, con 266 anos de historia. No apartado de Implantación de I+D+I, o Dolmen foi para a empresa boirense Biotécnicas Aplicadas Bioeurope. A firma Intersumi, de Rianxo, obtivo o galardón á Internacionalización, e A Pousada das Ánimas, o local boirense de dinamización cultural por excelencia, conseguiu o Dolmen á Promoción Turística. A empresa de Noia, Paco’s Moda, tivo premio por partida dobre. Ademais do Dolmen á Iniciativa Emprendedora, foi a empresa afortunada co Premio Especial da Escola de Finanzas, que agasalla a esta empresa coa realización dun Máster MBA de recoñecido prestixio. Un momento especial da gala foi a entrega do Dolmen de Honor, que esta ano recaeu sobre a labor que Cruz Vermella realiza na loita contra as desigualdades socias. O acto foi pechado polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, que suliñou a aposta pola creatividade e a innovación dos gañadores dor premios.