Amplían a busca de Diana Quer ó ámbito internacional

    POBRA> A Asociación Sosdesaparecidos comezou a distribuir a imaxe de Diana Quer en países coma Portugal, Italia, Suíza, Bélxica, Francia e Italia. Segundo indican, é unha práctica habitual dentro do protocolo desta organización, e non se debe a que existan indicios de que Diana está no estranxeiro. O que sí é certo, e así nolo confirmaron esta mañá desde a alcaldía da Pobra, é que xa no se realizaron batidas de ningún tipo na zona de Serra do Barbanza, tal e como se viña facendo nos últimos días. Nin por parte de veciños, nin por parte da Garda Civil e Protección Civil. Despois de varios días recluída na súa casa da Pobra, sobre todo despois de que o pasado xoves souberamos que lle retiraran a custodia da súa filla menor, Diana Löpez Pinel, nai da mozas desaparecida, abandonaba a súa casa de verano para regresar a Madrid. Non se sabe se defintivamente. O pai da moza, Juan Carlos Quer, está tamén en Madrid, desde onde está facendo chegar, a través dos medios de comunicación, mensaxes á súa filla, para pedirlle que, en caso de que estea ben, se poña en contacto coa familia. Aínda que a marcha voluntaria cobra peso por momentos, e por iso se investigo o círculo máis achegado a Diana, a Garda Civil, continúa sen desbotar ningunha hipótese.