A ‘chuvia’ inundará este sábado as rúas de Rianxo

RIANXO> Aínda que iniciou a súa andaina en Ribeira, a festa da Chuvia é xa un clásico do calendario festivo de Rianxo. Esta cita musical celébrase ás portas da Semana Santa co fin de dar a coñecer ás bandas galegas emerxentes.

O sábado 1 de abril a chuvia volverá invadir as rúas de Rianxo. Non falamos de condicións climatolóxicas senón dunha nova edición da festa da chuvia que busca poñer en valor bandas emerxentes do panorama musical da zona e dinamizar a hostalería rianxeira como antesala da Semana Santa.

A xornada dará comezo xa a mediodía coa sesión vermú cos Monifates e a animación de rúa a cargo de Latexo Percusión. Pola tarde, a partir das oito e media darán comezo os concertos de Boroa, Mai e Maskarpone que se prolongarán ata aproximadamente a unha da madrugada.

Trátase de bandas todas elas lideradas por mulleres que presentarán os seus últimos traballos ante o público rianxeiro.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí