Os veciños de Monte de Dorna voltan manifestarse contra das ‘chapuzas’ de Sacyr

    protestamontedorna_130308vervideo.jpgRIANXO > Veciños de Monte de Dorna en Taragoña impediron que a empresa Sacyr iniciasen o asfaltado do vial baixo a ponte.

    {flowplayer}barbanza/protestamontedorna.flv{/flowplayer}

    RIANXO > Veciños de Monte de Dorna en Taragoña impediron que a empresa Sacyr iniciasen o asfaltado do vial baixo a ponte. Os afectados xa perderon a conta das ocasións que sairon a rúa para protestar dende que se iniciaron as obras de ampliación dos viadutos da autovía da Barbanza.

    Primeiramente foron as inundacións dos pasos subterráneos que aillaron a aldea. Máis adiante os problemas de gálibo da ponte que impedía o paso de camións e autobuses e que se solucionou rebaixando a estrada.

    Agora, os veciños móstranse indignados porque a empresa Sacyr, adxudicataria das obras pretende asfaltar o vial sen amañar antes o problema de desnivel que quedou na estrada despois de que se baixase o seu trazado.

    Aforro de custes 

    Segundo manifestaron os veciños o correcto neste caso sería ter elevado a rasante da ponte ao seu nivel orixinal pero creen que a empresa Sacyr procura facer o menor investimento posible na realización das obras, aínda que isto repercuta directamente sobre eles. O exemplo do que acontece en Monte de Dorna, aseguran, é un dos moitos atropelos dos que ven facendo gala esta firma en todos os concellos da Barbanza.

    Apoio da corporación local de Rianxo

    Apoiandoos na movilización estiveron representantes da agrupación municipal do Bng e un membro do grupo de goberno que lles asegurou que de momento se paralizaría o asfaltado da pista hasta coñecer porque non se solucionou o problema da pendente da vía. Asemade dende o concello de Rianxo instarase a Sacyr, tal e como acordara a corporación local por unanimidade, a que cumple o compromiso da empresa de evitar prexuicios aos veciños.

     

     Redacción Barbanza