O CEIP Castelao recibe o premio das Letras Galegas 2012

    premioconcursoletrasceipcastelao.jpgRIANXO> O conselleiro de Cultura participou esta mañá na entrega do premio ó colexio rianxeiro, acto que aproveitou para destacar a figura de Paz Andrade.

    {flowplayer}barbanza/premioconcursoletrasceipcastelao.flv{/flowplayer}

    Este é o momento no que o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, facía entrega a dous alumnos do colexio Castelao de Rianxo do diploma que acredita a este centro educativo como gañador do premio na modalidade dos centros de educación infantil e primaria do certame escolar para a elaboración dunha exposición multidisciplinar ó redor da figura do autor homenaxeado este ano no día das letras galegas: Valentín Paz Andrade.

    ‘Galego no corazón’

    Os alumnos do colexio Castelao presentaron un traballo titulado ‘Valentín Paz Andrade, galego de corazón’, no que a través de debuxos e textos conseguiron sintetizar boa parte da vida e da obra do polifacético artista pontevedrés. Durante o acto, o propio titular de Cultura puido asistir tamén a unha dramatización dun poema de Rosalía de Castro titulado ‘Xan’, e a un pequeno recital de textos do propio Paz Andrade ‘Boas-vindas mariñeiros’ e ‘Cando ti volvas’, así como un vídeo no que os propios escolares explicaban a realización dos carteis gañadores do concurso.

    Felicitacións

    Durante o acto o Xesús Vázquez felicitou a todo o profesorado e a todo o alumnado do colexio polo seu traballo, e puxo a Valentín Paz Andrade como exemplo polo seu traballo constante a prol de Galicia e da súa lingua. Na entrega do premio celebrada en Rianxo tamén participaron o rexedor local, Adolfo Muíños, o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial de Educación na Coruña, Indalecio Cabana.

    Xunto ó colexio Castelao, que foi o gañador na modalidade de infantil e primaria, tamén resultou premiado o Instituto Xoán Montes de Lugo, na modalidade de secundaria, bacharelato e formación profesional.

    Redacción Barbanza