A mostra itinerante ‘Biomasa na túa casa’ chega a Boiro

    BOIRO> A mostra coa que se pretende concienciar sobre as vantaxes desta enerxía renovable está organizada pola Asociación Española de Valorización Enerxética da Biomasa e o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, en colaboración do Instituto Enerxético de Galicia. Despois de percorrer diferentes localidades nas provincias de Lugo e Pontevedra, como é o caso de Monforte ou a Estrada, a exposición ‘Biomasa na túa casa’ chega a Boiro coa finalidade de contribuír á concienciación da cidadanía sobre as vantaxes de empregar esta fonte de enerxía en fogares e empresas como alternativa real ós combustibles fósiles. O director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, foi o encargado de inaugurar esta mañá a mostra, de carácter itinerante, organizada pola Asociación Española de Valorización Enerxética da Biomasa e o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía, en colaboración co Instituto Enerxético de Galicia. A mostra permanecerá aberta ó públicona Praza do Concello de Boiro ata o próximo domingo.