Presentada a décimo novena edición da Carreira Popular Santa Uxía

RIBEIRA> A proba, que terá lugar o próximo oito de outubro reunirá na localidade a amantes do deporte de tódalas idades e formación física. Este ano como novidade, a carreira celebraráse un sábado pola tarde, en lugar dun domingo á mañá como viña sendo habitual. Un día que desde o concello de Riveira agardan que se convirta nunha festa do deporte. Outra novidade é que os adultos, á hora de inscribirse poden escoller entre participar entre os cinco e os dez quilómetros, para que poida participar todo o que o desexe. Haberá grandes premios en cada unha das categorías. A retirada de dorsais faráse o día da proba, o sábado 8, no Auditorio de Riveira, ata media hora antes do inicio da carreira. As inscricións, custan 6 euros e son grauitas para os cativos, poden realizarse ata o próximo 6 de outubro na páxina web de Arousa Norte, na do concello de Riveira ou en emesports.es