Arranca o obradoiro de emprego Arcos Moldes de Rianxo

    RIANXO> En total serán vinte as persoas que formarán parte desta actividade formativa nas especialidades de albanelería e instalación de mantemento de xardíns e zonas verdes. Albanelería e instalación e mantemento de xardíns son as dúas especialidades que terá o taller de emprego Arcos Moldes de Rianxo, que esta mañá entraba en funcionamento. Na iniciativa promovida polo Concello e financiada pola Xunta de Galicia tomarán parte un total de vinte persoas, dez por especialidade. Trátase dun programa mixto de formación e emprego que lle dá ós participantes a posibilidade de acceder a un posto de traballo, ó tempo que se lle ofrece unha formación teórica e práctica de calidade, orientada ás necesidades reais do mercado laboral e vinculada á obtención dun certificado de profesionalidade de validez nacional que contribuirá á mellora da súa empregabilidade. A súa área de traballo estará centrada en varios espazos, entre eles, o arquivo municipal, que pretende recuperarse.