Retiran un zifio dunha praia ribeirense

    RIBEIRA> O executivo ribeirense encargou a retirada dun zifio de 5 metros que apareceu varado nunha praia situada no lugar de Couso, na parroquia de Aguiño. O traslado do cetáceo producíase esta tarde, dende o lugar no que aparecu, practicamente intransitable, a outro emprazamento apto para que os operarios da consellería de Medio Ambiente poidan transportalo con destino a un punto autorizado para o tratamento deste tipo de residuos.