Pontevedra > Alfonso Rueda estivo hoxe na Deputación de Pontevedra para manter unha reunión cos deputados provinciais do seu partido. Un xesto que non gustou nada a presidenta desta entidade que calificou de falta de respecto e lealdade institucional esta cita. Ante estas críticas Rueda dixo que como presidente do PP son normais e habituais este tipo de visitas e xa anunciou que convidou a presidenta a manter unha reunión coa empresa ENCE e con él para falar sobre o futuro do Pazo de Lourizán.
O ambiente continúa caldeado no Pazo Provincial. A pasada semana Carmela Silva emprazaba a Rueda a manter unha reunión con ela para falar sobre o futuro do Pazo de Lourizán , hoxe o vicepresidente estivo na deputación pero a reunirse cos deputados provinciais do seu partido.
Rueda dixo que non entendía as críticas de Carmela Silva onde fala de falta de lealdade e respeto institucional e anunicou ademais que a Presidenta da Deputación xa está dende hoxe convidada a unha reunión coa empresa Ence, coa conselleira de Medio Ambiente e co vicepresidente da Xunta, na delegación do goberno galego en Pontevedra, para falar do Pazo de Lourizán.
Rueda agarda que este encontro teña lugar o antes posible e tamén dixo que esta mañá cos seus compañeiros de partido falaría sobre o posible cambio de sistema dos parque de bombeiros, un cambio que defendía a deputación de Pontevedra, entre outras, e que do que hai 6 meses que non se volveu a falar. Alfonso Rueda lembrou que se ese cambio non supón máis cartos no horario público e os traballadores manteñen os seus dereitos actuais dende a Xunta non terían problema en analizar esta modificación.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/18/rueda_depo_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/10outubro/18/rueda_depo.mp4{/flowplayer}