Só un dos acusados na ‘Operación Jockey’ asume os cargos por narcotráfico

PONTEVEDRA> Os tres acusados no marco da Operación Jockey por tráfico de drogas sentaron hoxe na bancada da sección cuarta da Audiencia Provincial. Durante as súas declaracións, só un deles confesouse autor dos feitos que se lle atribúen. Roberto González asegurou que os preto de 30 kg de heroína que levaba no seu coche cando o detiveron, eran para gañar diñeiro para poder consumir.

 

Dos tres acusados na Operación Jockey, Roberto González é o único que recoñeceu os feitos. O home asegurou que naquel momento estaba descontrolado pola súa drogadicción, e declarouse arrepentido.

Os outros dous negaron calquera implicación. Manuel Jorge Da Silva e José González, ambos con antecedentes por narcotráfico, insistiron en que os seus contactos se limitaban á compravenda de vehículos.

José González, tío de Roberto, é a quen o Ministerio Fiscal sinala como presunto líder da organización. Durante os rexistros en vivendas de familiares seus, atopáronse 21kg de heroína, varios de cocaína e máis de 120 kg de substancias para o corte da droga. González Rolán desvencellouse destes achados.

Antes de arrancar o xuízo, as defensas solicitaron a nulidade das escoitas sobre as que se basean as acusacións dos tres homes. Porén, a maxistrada decidiu que a cuestión se resolva na sentenza.

Para José González, Roberto Gónzalez e Marnuel Jorge Da Sival, a Fiscalía pide 16, 11 e 12 anos de prisión, respectivamente.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/25/xuizo_operacion_jockey_250314.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/25/xuizo_operacion_jockey_250314.mp4{/flowplayer}