Regades confirma que en setembro coñeceremos a todos os candidatos do PSOE para as eleccións locais

Pontevedra>Xa pola tarde, Regades ofreceu unha rolda de prensa como secretario xeral do PSOE na provincia. Neste encontro Regades criticou duramente as axudas que dende a Xunta de Galicia lanzan aos concellos afectados pola vaga de lumes do pasado mes de outubro. Unhas cifras coas cales, segundo Regades, non cobren nin o 22 por cento dos gastos realizados polos concellos.

Dende as filas socialistas cualificaron nesta xornada de limosna a axuda que dende a Xunta se lle dará aos concellos afectados pola vaga de lumes do pasado mes de outubro. Segundo o secretario xeral do PSOE en Pontevedra a Xunta soamente aportará o 22 por cento dos gastos ocasionados durante esa xornada.

Regades falou tamén dos vindeiros comicios locais, e dixo que o PSOE elixirá a todos os seus candidatos no mes de setembro.

Un PSOE provincial que tamén se tomará uns días de vacacións e, salvo algunha excepción, votarán coa vida política no mes de setembro.