Indignación en Barro polo roubo de todas as portas e ventás da antiga uniaria de Agudelo

BARRO> Roubo na antiga unitaria de Agudelo, en Barro. Os ladróns levaron as doce fiestras e dúas portas do local, instaladas hai pouco máis de tres anos. Ante a limpeza coa que se executou a operación, a Policía sospeita que o material podería destinarse á revenda ou para instalar nunha obra. O Concello fai un chamamento á veciñanza para que informe á Garda Civil se viu nos últimos días algún movemento sospeitoso pola zona.

Neste estado se atopa nestes intres a antiga unitaria de Agudelo: sen portas nin ventás. Os ladróns levaron toda a carpintería de aluminio, que instalara o concello hai apenas tres anos. Os veciños da contorna están indignados co acontecido.

Na actualidade esta antiga escola é un centro social. A súa localización, afastada das casas, facilitou a operación aos ladróns. Segundo a investigación, os ladróns introduciron un vehículo detrás do edificio, quedando ocultos de calquera que puidese pasar pola estrada.

Ante a limpeza coa que foi executado o roubo, todo apunta a que as fiestras e portas destinarse á revenda ou para instalar nunha obra. O alcalde lamenta os feitos, máis aínda cando acaban de executarse distintas melloras no interior do local.

O Concello xa pediu un orzamento para a súa reposición e, a maiores, estuda algún sistema que espante a futuros ladróns. Repoñer tódalas fiestras e portas roubadas suporá un gasto de 6000 euros.