Adeus ó “veroño”, ola ós abrigos

    BARBANZA> A chegada dunha masa de aire procedente do Ártico pon fin ás altas temperaturas das que desfrutabamos, pouco habituais a estas alturas do outono. As mínimas chegaron a baixar durante a fin de semana entre oito e dez graos respecto da semana pasada. Agora sI, parece que chegou a hora de acender a calefacción e do cambio de armario. 

    Paraugas, abrigos, bufandas, medias…As fins de semana de calefacción e manta xa están aquí. Este ano, máis tarde do habitual. O inverno entrou de golpe esta fin de semana nas Rías Baixas e fisco para quedarse. Tralo comezo de novembro con temperaturas por riba do 20 graos, o mercurio comezou onte unha gran baixada. Esta semana non subiremos dos 14 graos. Como leva a xente a fin do veroño? Hai opinións para tódolos gustos. Pero hoxe todos tiñan algo en común buscar ese cachiño de sol para entrar en calor, mesmo elas situábanse no lugar máis estratéxico do parque para estar quentiñas. As temperaturas mínimas caen estes días ata os tres graos, e nalgunhas casas este cambio xa se comezou a notar. Como en todo, hai quen acepta estes cambios, porque xa se sabe, é o que toca. Practicamente pasamos das praias, onde hai unha semana había algún atrevido, á neve. As baixas temperaturas traen tamén a partir de mañá a chuvia. Preparen chuvasqueiros, paraugas e unha sopiña quente, porque isto xa non ten volta atrás.